O monte é noso
2 Xaneiro 2012
Este Xoves, 5 de xaneiro as 21h., proxección do documental «O Monte é noso».
Este Xoves, 5 de xaneiro as 21h., proxección do documental «O Monte é noso».
Un grupo de dez persoas poideron coñecer e desfrutar dalgúns dos máxicos recunchos que a Serra do Suido posue.
Visitamos sitios tan senlleiros da parte sur da Serra do Suido como o foxo do lobo de Campo, o alto de Bidueiros(943m), o pozo vello de Rio do Pozo de Piñeiro, os chozos de Chambeiro, Fofe, … ademais das excelentes panorámicas. Flora e fauna tamén foron participes do noso interese.
Un grato dia de natureza, onde un magnífico dia de sol nos acompañou en toda a xornada.
A Serra do Suido está situada a uns 40 kms. aproximadamente da costa atlántica, entre os concellos de Fornelos de Montes, A Lama e Covelo, na provincia de Pontevedra, e Beariz e Avión na de Ourense.
A sua paisaxe é sinuosa, de media montaña tendo numerosos pocos que sobrepasan os 900 metros de altitude. Estes picos actuan como unha barreira bioclimática natural, limitando as influenzas atlánticas provocando que as terras da Serra do Suido sexan das zonas mais chuviosas da Peninsula Ibérica. Todos estes condicionantes dan existencia a multiples rios, fontes e brañas, nacendo nelas os rios Oitaven, Tea e Avia.
Actualmente podemos atopar unha mestura de habitats naturais e seminaturais. Un mosaico de zonas arboradas e zonas abertas, de bosques e matogueiras, de rios, rochedos, turbeiras, charcas e pequenos humidais.
Carballeiras, bosques de ribeira, bidueiros, amieiros, salgueiros, lamargueiros, freixos ou praderías é o que nos podemos atopar na serra, ademais dos diferentes tipos de matogueira.
Nesta bélida serra existe moita biodiversidade de especies, algunha delas raras ou pouco frecuentes. Peixes, anfibios, reptiles, aves, mamiferos e invertebrados compoñen un puzzle onde moitas especies necesitan dunha protección adecuada.
Como exemplo disto podemos facer mención do lobo(canis lupis). A piques de compartir destino con osos e linces no século pasado, a perda de poboación humana duns montes noutrora intensamente traballados foi a salvación deste magnifico cazador. Desaparecido xa das serras costeiras, na actualidade a serra do Suido acolle o núcleo poboacional do cánido no sur da provincia de Pontevedra. A supervivencia deste é posible grazas as amplas superficies de matogueira, onde atopa acubillo e lugar para a sua reproducción. A existencia de até seis foxos do lobo amosa o conflito do lobo co home dende tempos inmemoriais.
Na serra podemos achar especies endémicas no noroeste da Peninsula Ibérica como é o caso da rá patilonga, ou unhas das xoias que merece ser conservada como é a saramaganta rabilonga(chioglossa lusitanica).
A pegada do ser humano está patente na actual fisionomía da serra, onde se pode observar o seu paso, pois a paisaxe alterouse debido as prácticas levadas a cabo por este, ben en forma de renovación de pasto ou de labradio.
Na serra do Suido podemos atoparnos un patrimonio etnográfico e cultural realmente atractivo, dende mamoas do Megalítico até os muiños e chozos do pasado século. Sesteiros, curralas, cortillos, foxos do lobo, serradoiros, pontes, pontellas, pasos e varios camiños empedrados tradicionais de importancia histórica, son tamén parte deste patrimonio, ao que nos podemos acercar.
O sabado 12 de novembro a Sección Sindical Forestal da CNT-AIT ven de organizar un roteiro micolóxico na Entidade Menor de Queimadelos, no concello de Mondariz.
Arredor dunhas 25 persoas poideron desfrutar dunha prácida xornada de paseo, recollida e recoñecemento de cogumelos en diversos ecosistemas, pasando por carballeiras, piñerais, bosque de ribeira, e praderías, comezando e finalizando no Centro Cultural de Queimadelos, onde se fixo unha clasificación e posterior explicación dos cogumelos que se recolleron.
Unha xornada con moi bó ambiente, onde se achegaron persoas de diferentes idades e lugares.
A Sección Sindical Forestal da CNT-AIT seguirá realizando actividades para dinamizar o respeto e coñecemento dos nosos montes e desfrute da natureza.
O vindeiro sábado 12 de Novembro a Sección Sindical Forestal da CNT-AIT organiza un roteiro micolóxico guiado na Entidade local menor de Queimadelos, no concello de Mondariz. Poderemos atopar diferentes clases de cogumelos, aprenderemos unhas nocións básicas de identificación, e sobre todo observaremos os distintos ecosistemas da zona comprendendo así o valor ecolóxico dos nosos montes. A saída será dende o centro cultural de Queimadelos ás 11:00 horas e terá unha duración aproximada de 2 horas.